Use APKPure App
Get Sons do Anllóns old version APK for Android
Anllós के मुहाना के पक्षियों के गीत
A aplicación “Sons do Anllóns” foi realizada por alumnos do IES Eduardo Pondal de Ponteceso.
Nunha primeira etapa os alumnos de 1º ESO recollemos cantos de aves coa axuda da aplicación BirNet. Estes cantos almacenáronse nun banco de datos que se comezou a traballar no seguinte curso.
Xa en 2º ESO continuamos co traballo editando os arquivos e buscando imaxes de Dominio Público para a nosa aplicación pero xa dende o Club de Ciencias do IES.
A última fase do proxecto consistiu na montaxe da aplicación empregando Appinventor.
O concello de Ponteceso está situado na Costa da Morte, concretamente na desembocadura do río Anllóns. Este ecosistema ten unha gran variedade de aves tanto residentes como de paso migratorio. Entre as primeiras destacan as pequenas escribentas, aves coloridas pero que debido ao seu pequeno tamaño resultan máis fáciles de escoitar que de ver. Como aves de paso ou invernantes destacamos os mascatos ou as cercetas, pequenos patos que residen no esteiro entre os meses de outubro e febreiro. Toda esta riqueza avícola non é sinxela de recoñecer, a maioría das aves escapan dos humanos polo que son complicadas de ver de cerca sen uns bos prismáticos ou un telescopio. Porén as aves soen ser máis fáciles de escoitar. Especialmente ás primeiras horas do día e durante o solpor o canto das aves destaca na paisaxe da nosa comarca polo que a nosa aplicación pode ser de gran axuda para intentar acercarse ao seu coñecemento.
Coidase o que se coñece polo que esperamos que a nosa aplicación poda ser de interese para protexer a nosa contorna.
Felices observacións
Salvador Andrade Varela, Lucas Santos Garrido e Isabel Segura Espinosa.
Last updated on May 19, 2022
Minor bug fixes and improvements. Install or update to the newest version to check it out!
Android ज़रूरी है
2.1
श्रेणी
रिपोर्ट
Sons do Anllóns
1.0 by Isacienciasponteceso
May 19, 2022